Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
«O lobo debe pervivir pero sin pór en perigo outras especies»
ENTREVISTA | JOSÉ MARÍA GÓMEZ
Presidente da Federación Galega de Caza
| Amelia Ferreiroa · 27/10/2010
Os ataques de lobos a gando ovino e caprino, maioritariamente, moi preto das vivendas está causando preocupación entre a cidadanía de Deza e Tabeirós-Montes. A situación débese, segundo o presidente da Federación Galega de Caza, ao feito de que xa non queda moito gando nos montes.

-Certo é que a poboación de lobos puido medrar nestes últimos tempos pero non tanto coma os ataques. A raíz das vacas tolas comezou unha recollida exhaustiva de ditas reses para evitar contaxios. Era unha práctica que había que facer pero hai que ter en conta que foron miles de quilos de carne que xa non se aproveitaron. Aos lobos non lle quedou alimento e só lles resta predar sobre animais vivos, e os domésticos son máis fáciles de cazar. Agora o gando xa non vai para o monte, está preto das vivendas e ata aí chega o lobo na búsqueda de alimento. De aí que cada vez vexamos ataques máis preto de núcleos habitados.

-¿As sociedades de caza poden actuar ante ataques desta índole?

-Os cazadores poden participar no plan de xestión do lobo. É un plan moi amplo, que se aprobou en xaneiro de 2009, que está en marcha e que divide o territorio en tres grandes zonas. As zonas 1 e 2 son as que rexistran ataques importantes de lobo e nelas, se hai danos recoñecidos, e se existe unha petición dos gandeiros a administración pode tramitar a organización de cacerías, que se xestarían dende as sociedades de caza. Logo está a zona 3 na que hai menos ataques e aí as capturas son excepcionais.

-A comarca dezana onde se produciron varios ataques recentemente, ¿en que zona está?

-A comarca do Deza está no grupo un ou dous, onde hai ataques importantes polo que sí se poderían organizar cacerías -sempre que o gandeiro o requira-. Por suposto que é preciso facer a pertinente denuncia e, a partires de aí, se podería traducir unha cacería ou batida.

-¿Que facer para minimizar os ataques de lobos?

-A consellería facilita a determinadas explotacións, como as de ovino, cans mastins que fan un traballo moi importante de prevención na cabaña. Certo é que en vacas os efectos non son tan positivos, e os cans pouco axudan á hora dun ataque desta índole. Existe tamén unha liña de axudas para os gandeiros que perden animais polos ataques. O que hai é que buscar un equilibrio.

-Equilibrio...

-O lobo debe pervivir pero sin pór en perigo outras especies. Hai que buscar ese equilibrio entre uns e outros. Debe haber lobos, pero en zonas eminentemente gandeiras creo que se debería de controlar a súa densidade.


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza