O lobo volveu deixar constancia da súa presenza en terras chairegas, esta vez no pastizal de Chao da Fouce do monte comunal de Labrada, en Abadín, onde o sábado matou un becerro de case un mes de idade.
O dono, Manuel Rivas, percatouse do ocorrido ao redor das oito da tarde e, aínda que non chegou a ver o lobo, non dubida de que se trata dun ataque deste animal, dadas as marcas que tiña no pescozo o becerro, que estaba practicamente devorado.
Rivas espera dar parte este lunes á Xunta para que acudan os técnicos avaliar os danos do primeiro ataque que sofre a súa gandería nos últimos tres anos. Antes diso, en só dous invernos tivera que afrontar catro ataques, que lle supuxeron a perda de dous becerros e doutras tantas becerras.