Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
A Xunta solicita a colaboración dos cazadores para intensificar a acción cinexética sobre o xabaril nas zonas con maiores danos
  • As directoras xerais de Conservación da Natureza e de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias mantiveron unha reunión co presidente da Federación Galega de Caza
  • Esta medida é factible e comprensible dado que xa se iniciou a tempada de caza
| · 30/8/2016

A Xunta de Galicia, a través das consellerías de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Medio Rural, vén de solicitar a colaboración dos cazadores para intensificar a acción cinexética sobre o xabaril, co fin de evitar os danos nos cultivos que esta especie está a ocasionar, sobre todo naquelas zonas nas que se rexistraron un maior número de incidencias.

A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, e de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén Do Campo, mantiveron esta mañá unha reunión co presidente de Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, ao que lle trasladaron esta decisión para paliar os danos que o xabaril está provocando e dos que se veñen tendo coñecemento nas últimas semanas.

O presidente da Federación Galega de Caza e as súas federacións provinciais asumiron esta mañá o compromiso de intensificar esta presión sobre esta especie cinexética, unha medida compatible e lóxica dada que xa está aberta a tempada de caza.

No encontro os membros da Federación trasladaron que esta presión debe exercerse sobre todo naqueles puntos conflitivos, onde o xabaril está a ocasionar un maior dano. Segundo os últimos datos dispoñibles, as zonas con maior densidade de poboación da especie concéntranse no interior da Coruña e comarca de Ferrolterra, na Mariña, na comarca do Deza e en zonas do sur de Lugo e interior de Ourense.



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza