Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
«O arco é menos perigoso á hora de capturar xabaríns»
Eloy Saavedra será un dos cazadores autorizados que participará nas batidas contra estos animais en Fene
| Raquel Freire · 21/10/2014

Eloy Saavedra (Pedroso, 1970), presidente da asociación Caza e Pesca Xuvia, será un dos cazadores participantes nas batidas que tenrán lugar en Fene, co obxectivo de controlar a poboación de xabaríns, causantes de diversos danos no ámbito agrícola e nas áreas urbanas do municipio.

-A decisión de realizar batidas con arco e flecha está a levantar unha gran expectación...

-Si, realmente a xente ve o uso do arco coma algo exótico, pero o único que pretende e procurar o control dos animais. As batidas con arcos serán unha das medidas que se tome, pero non a única.

-¿E cáles serán esas outras medidas a tomar?

-O principal é trasladar o hábitat dos xabaríns, xa que de esa forma poderán vir, pero non utilizarán as zonas urbanas como refuxio. Por este motivo, Navantia xa se comprometeu a desbrozar o interior da factoría e o Concello encargarase de avisar ós propietarios de fincas abandoadas para que procedan a eliminar os matorrais, evitando así que os animais poidan resgardarse alí. Do mesmo xeito, nós, ademáis de realizar as cazas con arco, colocaremos diversos sistemas de captura polo lugar.

-¿Por que se elixiu este tipo de arma e non outra?

-Por dúas razóns moi simples. A primeira é que o arco é unha arma moito menos perigosa e a segunda, que con este tipo de armamento, os rebotes son mitigados, evitando riscos innecesarios.

-¿Cómo se desenrolarán estas batidas e cándo darán comezo?

-Participaremos tres cazadores autorizados, facendo esperas nas primeiras horas da noite, que é o mellor momento para poder capturar ós animais. Por outra banda, Protección Civil terá a zonavixiada para evitar incidentes e os veciños serán alertados previamente dos días que terán lugar as batidas, as cáles darán comezo en canto a Consellería de Medioambiente expida a súa autorización.

-¿A sociedade ten experiencia previa neste tipo de caza?

-Por suposto. Non é a primeira batida deste tipo que realizamos. De feito, xa fixemos outra no municipio no mes de maio deste ano.



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza