Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
Medio Ambiente publicará nos próximos días o informe de alegacións ao anteproxecto da Lei de caza
O director xeral de Conservación da Natureza destaca que o actual goberno facilitou a participación incrementando en 30 días o período de información pública
| · 16/4/2013
O director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, aclarou esta mañá que nos vindeiros días se fará público, a través da páxina web da Consellería, o informe de alegacións presentadas ao anteproxecto da Lei de Caza, así como a valoración das mesmas, durante o proceso de información pública.

García-Borregón interveu esta mañá na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior. O representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destacou que o actual Goberno facilitou o acceso a este texto legal ampliando en 30 días o período para que os interesados presentaran as alegacións ou as observacións que estimaran oportunas.

Destacou que na actualidade, o seu departamento traballa nos últimos axustes para facer público o resultado do procedemento de participación pública deste anteproxecto, no que se fai unha análise de cada unhas das alegacións presentadas, especificando aquelas que son aceptadas e explicando as que se rexeitan.

En resumo, García-Borregón concluíu que queda de manifesto que a intención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, tal e como se demostrou nos trámites realizados, foi promover unha participación real e efectiva do público na elaboración do anteproxecto da Lei de Caza, co obxectivo de mellorar a calidade da norma actual.


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza