|
Revista de prensa
|
Imprimir esta nova |
Falecen dous mozos cazadores en senllos accidentes | Un mozo de 22 anos, Esteban Lozano López, faleceu onte na parroquia de San Simón, no municipio lucense de Vilalba, mentres participaba nunha xornada de caza, por mor dun accidente fortuíto, segundo os primeiros indicios, informou a EFE a Garda Civil. | | · 19/11/2012 | Outras fontes próximas ao mozo falecido, que era natural da parroquia veciña de Lanzós, onde residía cos seus pais, informaron de que o disparo que lle causou a morte puido saír de forma fortuíta da súa propia escopeta, dado que se separou nun momento dado do grupo principal e estaba só cando se produciu o accidente.
Os compañeiros de cuadrilla atoparon ao mozo, que vivía no lugar do Adro, ao redor das cinco da tarde, pero non puideron facer nada por salvar a súa vida. O levantamento do cadáver produciuse xa de noite e os restos mortais de Esteban Lozano foron trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti para practicarlles a autopsia.
Trátase do segundo accidente destas características en Galicia este fin de semana, xa que un cazador de 24 anos faleceu tamén onte domingo dun disparo mentres participaba nunha batida de xabarís en Vila de Cruces (Pontevedra). |
|
|