Transporte de cans de caza
En relación ao transporte de cans, hai que ter en conta dúas premisas:
- Real Decreto 363/2009, de 20 de marzo que modifica o Real Decreto 1559/2005, de 23 de diciembre, sobre condiciones básicas que deben cumplir los centros de limpieza y desinfección de los vehículos dedicados al transporte por carretera en el sector ganadero, incluiu ás rehalas (mandas) entre as agrupacións de animais susceptibles de adaptarse ás condicións requiridas no Real Decreto 1559/2005.
- A Lei 13/2013, de caza de Galicia, de 23 de decembro, establece que na comunidade autónoma de Galicia considéranse unha manda ou rehala a toda agrupación composta de entre 15 e 25 cans do mesmo propietario *
Tendo en conta estes dous preceptos, calquera cazador que transporte máis unha manda debe adaptarse aos requirimentos expostos no Real Decreto 1559/2005, que inclúen, entre outras:
- Rexistro do vehículo que transporta os animais no Rexistro Xeral de transportistas, colectores e medios de transporte de animais na Oficina Agraria Comarcal onde ese vehículo este situado.
- Realizar a desinfección e limpeza do vehículo nos centros autorizados a tal efecto cando se vaia realizar un transporte e contar cos correspondentes precintos que indiquen o lugar, data e validez do precintado do vehículo.
- Contar cunha licenza especial de caza para mandas con fins de caza, que expide a Consellería de Medio Ambiente.
Respecto á esixencia da realización dun curso de formación en materia de benestar animal para a persoa que transporta os cans, na Comunidade Autónoma de Galicia non é esixible, sen embargo pode selo noutras comunidades onde se realice o transporte dos cans. En calquera caso, dende a Administración Autonómica recoméndase a tenza desta acreditación.
*O número de cans necesarios para a consideración de manda –rehala- pode variar segundo a lexislación de cada Comunidade Autónoma, polo que se recomenda informarse das normas vixentes na rexión á que se vaian trasladar. A esixencia de ser do mesmo propietario non existe noutras comunidades autónomas.
|