Decreto para a prevención de incendios
Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo
que se regulan medidas relativas á prevención
de incendios forestais, á protección
dos asentamentos no medio rural e
á regulación de aproveitamentos e repoboacións
forestais. O presente decreto ten por obxecto: - Actuar nos montes e áreas colindantes mediante
tratamentos axeitados da biomasa residual, co obxecto
de levar adiante unha política preventiva contra
os incendios forestais.
- Compatibilizar e regular os aproveitamentos e
transformacións do monte e zonas agrarias colindantes
coa finalidade de evitar os incendios.
- Establecer as condicións para a protección dos
núcleos rurais respecto dos incendios forestais, no
marco dunha política integral de desenvolvemento
rural.
- Regular as repoboacións forestais co propósito
de ordenar as novas repoboacións nos perímetros
dos asentamentos de poboación.
Descargar Decreto para a prevención de incendios
|