Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
XERAL
Novas
Axudas
Estatutos da FGC
Regulamento de Licenzas FGC
 
DEPORTE
Lei do Deporte de Galicia
Decreto Instalacións Deportivas
 
CAZA
Lei de Caza
Regulamento de Caza
Vedas
Sinalización Tecores
Carne de caza maior
Exame do Cazador
Manual do Cazador
Solicitude oficial 1ª licenza
Licenza interautonómica
Taxas
 
ARMAS
Permiso de Armas
Regulamento de Armas
Modificación Regulamento de Armas
 
CANS
Lei de protección e benestar dos animais de compañía
Rexistro de canceiras
Microchip
Pasaporte e cartilla sanitaria
Protección animais catividade
Rexistro L.O.E.
 
MEDIO AMBIENTE
Lei Conservación da Natureza
Plan de xestión do lobo
Listaxe de zonas húmidas
Lei de montes
Lei de incendios
Prevención de incendios
Convenio incendios 2023
Plan Director Rede Natura
Procedemento sancionador
Xunta Consultiva Os Ancares
 
SANDACH (XESTIÓN RESIDUOS)
Regulamento (CE) 1069/2009
RD 50/2018, de 2 de febreiro
Decreto 28/2021, de 21 de xaneiro
 
OUTROS
Lei de Tráfico
Orde Laboratorios Triquina
 
CONSULTAS
A FGC Responde
Facer unha consulta á FGC
Lexislación
ARMAS

Exame para a obtención da Licenza de Armas

Para obter a licenza para a tenencia e uso de armas longas raiadas para caza maior ou de escopetas e armas asimiladas, é necesario superar as seguintes probas segundo determina o Ministerio do Interior:

  • Coñecemento das armas, o seu coidado e conservación (proba teórica)
  • Coñecemento do Regulamento de Armas (proba teórica)
  • Habilidade para o manexo das armas e o seu emprego (proba práctica)

Para obter por primeira vez as licenzas D ou E os interesados deben superar as duas probas de capacitación, unha teórica e unha práctica, que serán avaliadas pola Garda Civil. De igual xeito, os menores que desexen obter a Autorización Especial de armas para menores (AEM) deberán superar as mesmas probas.

A convocatoria das probas ten lugar os seguintes días:

  • A Coruña: o último xoves dos meses impares
  • Lugo: o último mércores dos meses pares
  • Ourense: o último venres dos meses pares
  • Pontevedra: o último venres dos meses impares

 

Proba teórica

A proba teórica comprende o coñecemento das armas e o Regulamento de Armas. É necesario respostar correctamente a un mínimo de 16 das 20 preguntas das que consta o exame, nun tempo máximo de 20 minutos.

 

Proba práctica

Para levar a cabo a proba práctica é necesario ter superado a proba teórica. Unha vez superada a proba teórica, comezará un prazo de 6 meses para a superación da proba práctica.

A proba práctica realizarase en dous campos, polígonos ou galerías de tiro legalmente autorizados, e ten por obxecto comprobar a habilidade para o manexo e emprego das armas. O lugar destinado para esta proba será comunicado ao interesado.

Para a realización desta proba, o aspirante empregará armas debidamente legalizadas, das que ampare a licenza que teña solicitado, ben propiedade do centro de formación no que realice o exame ou ben, se se presenta de forma particular, dunha persoa provista da correspondente licenza que o acompañe.

 

Solicitude de inscrición nas probas

Cada solicitude presentada nas Intervencións de Armas e Explosivos da Garda Civil para obter a licenza, da dereito a tres convocatorias para realizar as probas. Entre cada convocatoria non poden pasar máis de tres meses, salvo casos excepcionais debidamente xustificados.

Unha vez esgotadas as tres convocatorias, ben por non se ter presentado ou ben por non resultar apto, será arquivado o expediente individual de solicitude e comunicarase a denegación ao interesado.

A solicitude debe presentarse cun mes de antelación.

Descargar solicitude para tomar parte nas probas

 

Renovar Permiso de Armas
Pago Taxa 790


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza