Rexistro L.O.E.
O L.O.E. (Libro de Orígenes Español) é un libro de rexistro canino da Real Sociedad Canina Española (R.S.C.E.) de todos os cans con pedigree de España (os cales teñen tres ou máis xeneracións de cans recoñecidos pola Sociedad Canina). A R.S.C.E. pertence á Federación Canina Internacional e polo tanto os seus pedigrees son recoñecidos en tódolos países participantes.
Existe un libro de rexistro alternativo tamén da R.S.C.E. para aqueles cans con menos de tres xeneracións recoñecidas no pedigree, denominado Registro de Razas Caninas (R.R.C.). Os cans neste rexistro teñen os mesmos dereitos que os do L.O.E., pois poden participar en exposicións, inscribir os seus cachorros no rexistro, etc
Este rexistro pode ser necesario para participar en certas competicións de cans da Federación Galega de Caza, (ou o L.O.F.E.C. no seu defecto). Para proceder á súa tramitación pregámoslle que contacte coa Real Sociedad Canina Española.
|