Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
XERAL
Novas
Axudas
Estatutos da FGC
Regulamento de Licenzas FGC
 
DEPORTE
Lei do Deporte de Galicia
Decreto Instalacións Deportivas
 
CAZA
Lei de Caza
Regulamento de Caza
Vedas
Sinalización Tecores
Carne de caza maior
Exame do Cazador
Manual do Cazador
Solicitude oficial 1ª licenza
Licenza interautonómica
Taxas
 
ARMAS
Permiso de Armas
Regulamento de Armas
Modificación Regulamento de Armas
 
CANS
Lei de protección e benestar dos animais de compañía
Rexistro de canceiras
Microchip
Pasaporte e cartilla sanitaria
Protección animais catividade
Rexistro L.O.E.
 
MEDIO AMBIENTE
Lei Conservación da Natureza
Plan de xestión do lobo
Listaxe de zonas húmidas
Lei de montes
Lei de incendios
Prevención de incendios
Convenio incendios 2023
Plan Director Rede Natura
Procedemento sancionador
Xunta Consultiva Os Ancares
 
SANDACH (XESTIÓN RESIDUOS)
Regulamento (CE) 1069/2009
RD 50/2018, de 2 de febreiro
Decreto 28/2021, de 21 de xaneiro
 
OUTROS
Lei de Tráfico
Orde Laboratorios Triquina
 
CONSULTAS
A FGC Responde
Facer unha consulta á FGC
Lexislación
CAZA

Licenza interautonómica

Dende o 25 de novembro de 2015 é posible tramitar a licenza interautonómica de caza na Comunidade Autónoma de Galicia. Este documento habilita ao seu posuidor a exercer a caza (ou a pesca no seu caso) nas comunidades Castela e León, Extremadura, Madrid, Aragón, Principado de Asturias, Galicia, Comunidade Valenciana e Murcia.

É necesario lembrar que esta licenza non substitúe á licenza de caza de Galicia, que se poderá seguir obtendo de maneira individual e do mesmo xeito que se ven facendo ata o de agora.

A continuación detallamos os procedementos e requisitos para obter a licenza interautonómica:

Trámites e requisitos

Tanto a emisión como a renovación destas licenzas só poderá realizarse nos servizos de Conservación da Natureza provinciais.

Para a emisión destas licenzas deberá terse en consideración o seguinte:

1.- Requisitos para a obtención da licenza interautonómica de caza ou de pesca nas augas continentais:

Para que as comunidades autónomas signatarias expidan a licenza interautonómica de caza ou de pesca, será preciso o cumprimento por parte do interesado dos seguintes requisitos:

1.- Ser ciudadano español ou extranxeiro residente en España.
2.- Que teña abonado a taxa esixida para a obtención da licenza interautonómica de caza ou de pesca en augas continentais.
3.- Que non se atope inhabilitado para a obtención de licenza de caza ou de pesca en augas continentais por sanción administrativa firme en calquera das Comunidades Autónomas signatarias ou por resolución xudicial firme en aplicación da lexislación estatal.
4.- No caso do novo cazador (non posuir licenza con anterioridade á data de 14 de outubro de 2015 nalguna comunidade autónoma que teñan implantado o exame de cazador ou sistema equivalente) ter superado o exame de cazador ou outro sistema de acceso equivalente que teña establecido cada Comunidade Autónoma.

2.- Solicitude de licenza interautonómica:

Os datos obrigatorios que debe completar a solicitude da licenza serán o nome e apelidos do interesado, o enderezo habitual, o número de DNI para cazadores ou pescadores nacionais ou o NIE para os extranxeiros residentes e a data de nacemento, conforme ao modelo de solicitude establecido no Convenio. Descargar solicitude

No caso de menores de idade, deberán figurar tamén os datos do titor legal ou representante.

A acreditación previa dos requisitos para a obtención da licenza interautonómica de caza ou de pesca en augas continentais, realizarase mediante declaración responsable.

O solicitante deberá presentar a solicitude de licenza que inclúe a “declaración responsable” debidamente cumprimentada xunto co xustificante de ter abonado a taxa correspondente perante os servizos provincias ou servizos centrais para a obtención da correspondente licenza.

3.- Importe da taxa:

A taxa por expedición das licenzas interautonómicas de caza e de pesca en augas continentais será de 70 euros para a licenza de caza e de 25,25 euros para a de pesca. Non serán de aplicación as exencións ou bonificacións que teñan recollidas as Comunidades Autónomas asinantes nas súas respectivas Leis de Taxas. Segundo o establecido no porpio convenio, esta taxa incrementarase anualmente aplicando unha porcentaxe de actualización do 1,5%.

O plazo de validez da licenza será dun ano, contado a partires do día da súa expedición.

Documentación
 


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza