Lei de prevención de incendios
Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención
e defensa contra os incendios forestais de
Galicia. Esta lei ten por obxecto defender os montes ou
terreos forestais fronte aos incendios e protexer as
persoas e os bens por eles afectados, promovendo
a adopción dunha política activa de prevención coordinada
de todas as administracións públicas de acordo
coa lexislación galega en materia de emerxencias,
baseada en:
- Actuar nos montes e áreas confinantes mediante
os tratamentos axeitados da biomasa vexetal.
- Compatibilizar e regular os aproveitamentos e
transformacións do monte e zonas agrarias confinantes
coa finalidade de evitar os incendios.
- Establecer as condicións para a protección dos
asentamentos rurais respecto dos incendios forestais,
no marco dunha política integral de desenvolvemento
rural.
- Regular as repoboacións forestais co propósito
de ordenar silvicolamente as novas repoboacións nos
perímetros dos asentamentos de poboación e de
actuar en unidades de xestión sustentables e rendibles
e que conten, entre outros criterios, coa axeitada
planificación preventiva.
- Regular a redacción dos diferentes plans de
prevención e defensa e a coordinación entre as distintas
administracións.
Descargar Lei de prevención de incendios
|