|
Lexislación
CAZA
|
|
Exame do Cazador
Orde do 1 de xuño de 2007 pola que se
regula o exame do cazador na Comunidade
Autónoma de Galicia. [...] O obxecto da presente orde é regular o
procedemento, o temario, a convocatoria, os exames,
a súa corrección e cualificación, así como a puntuación
necesaria para superalos e acadar o certificado
que permita obter a primeira licenza de caza. [...] Ver documento completo
|
|
Manual do Cazador |
O Manual do Cazador é unha guía de contidos creada pola Xunta de Galicia para a realización do Exame do Cazador, necesario para obter por primeira vez a Licencia de Caza de Galicia.
Descargar Manual do Cazador
|
|
Instruccións |
- Cumprimentar e presentar a solicitude de inscrición no exame cunha antelación de 30 días hábiles, na Delegación Provincial de Conservación da Natureza correspondente. A solicitude deberá ir acompañada ademais de copia do DNI, e do pagamento da taxa oficial, que poderá abonar en calquera entidade bancaria; o impreso de pagamento facilítanllo na mesma entidade bancaria, pero deberá cumprimentalo cos códigos e cos seus datos persoais, segundo o modelo que se atopa arriba.
- A continuación deberá presentar presencialmente ou remitir por fax ao Servizo de Conservación da Natureza, copia da solicitude, do DNI e da taxa liquidada.
- Os exames serán o primeiro luns dos meses de febreiro, xuño, setembro e decembro. (cando os luns coincidan con días inhábiles trasládarase ao día hábil seguinte). Aconsellámoslle que unha vez presentada a solicitude se poña en contacto co Servizo Provincial de Conservación da Natureza para confirmar que está admitido nas probas.
- O exame teórico consta dun cuestionario tipo test con respostas alternativas, sobre 60 preguntas, e dun exercicio práctico consistente no recoñecemento de especies cinexéticas e non cinexétias. Non nos consta que existan libros editados coas respostas aos posibles exercicios do exame, nembargantes sí contamos cun cuestionario de preguntas -dentre as cales sairán as do exame- e coas ilustracións das especies, que pode atopar na parte superior desta páxina.
- O temario do exame é o seguinte:
- Lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia
- Bioloxía e ecoloxía das especies cinexéticas de Galicia
- Identificación, por sexo e idade, das especies cinexéticas e non cinexéticas que poidan ser confundidas coas anteriores, e determinación dos exemplares que son pezas de caza.
- Modalidades de caza e normas de seguridade nas cacerías
- Delitos e faltas relacionadas coa caza no Código Penal
- Coñecementos básicos do procedemento sancionador
- Nocións básicas sobre sintomatología das enfermidades que afectan ás especies cinexéticas
- Normativa legal que afecta aos cans de caza
- Nocións básicas sobre valoración de trofeos de caza
|
|
Documentación |
|
|