![]() |
NOVO REGULAMENTO ARMAS |
Ante a presión dos cazadores, o Goberno presenta un novo proxecto de modificación do Regulamento de Armas |
12/4/2011 |
O pasado venres o Goberno anunciaba a través do BOE a elaboración do novo proxecto modificación do de regulamento de armas, que contará cun novo período de 10 días hábiles para as posibles observacións ou reclamacións que se lle fagan. Ante a avalancha de reclamacións e críticas recibidas polo anterior proxecto de regulamento por parte do mundo da caza, entre elas as alegacións aportadas pola Federación Galega de Caza, que canalizan o sentir dos cazadores galegos, o Goberno central decidiu reemplazar o novo proxecto por unha modificación máis leve do texto. Esta modificación incluirá soamente o contido necesario e imprescindible para adaptar o actual regulamento de armas ás novas directivas europeas, polo que se agarda que non inclúa importantes cambios que afecten negativamente ao colectivo da caza.
|