Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RRCC OURENSE
O tirador Daniel Cebreiro foi o gañador absoluto e Jorge Vázquez o campión provincial
25/4/2012

O pasado 21 de abril tivo lugar no Campo de Tiro da Sociedade Deportiva de Xinzo de Limia o Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración de dita sociedade deportiva.

A cita acudiron un total de 31 tiradores os cales foron xulgados por Casimiro Ucha Peña e Rubén Martínez Bugallo.

A proba disputouse a 100 pratos e unha vez reunido o xurado de competición integrado por José Luís Leites González e Manuel Feijoo Castro a clasificación final quedou do seguinte xeito. O primeiro posto foi para o coruñés Daniel Cebreiro García que escachou un total de 85 pratos. En segunda posición situouse o pontevedrés Daniel Domínguez Treinta con 81 pratos. Xa na terceira posición e polo tanto Campión Provincial foi o ourensán Jorge Vázquez Iglesias con 81 pratos escachados

Na categoría de xuveniles o campión foi o ourensán Matías Martínez Álvarez con 58 pratos escachados e en veteranos o primeiro posto recaeu para o tamén ourensán Eliseo Faraldo Fernández con 79 pratos esnaquizados.

Acudirán o Campionato Galego conformando a representación da provincia de Ourense os seguintes tiradores: Jorge Vázquez Iglesias, Eliseo Faraldo Fernández, Carlos Taboada Gómez, José Luís Saavedra Barcia, Vicente Martínez Pico, José Luís Estevez Diéguez, Matías Martínez Álvarez, Alberto Núñez Estevez e Manuel Marcos Pérez González.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza