Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA RAPOSO
O equipo lucense "Ganados Blanco" revalida, en O Corgo, o título de campión galego
23/1/2012

XVII Campionato Galego de Caza de Raposo

O pasado 21 de xaneiro, tiña lugar o Campionato Galego de Caza de Raposo, unha das citas máis importantes do calendario das competicións da Federación Galega de Caza. Esta decimosétima edición trasladouse o concello lucense de O Corgo, concretamente aos Tecores de Lamagrande e O Corgo.

Unha vez feito o sorteo dos cazadeiros e xuíces e asinados os guías, os 16 equipos clasificados nos correspondentes campionatos provinciais máis o campión da edición anterior e o campión da Copa Galicia 2011, a caravana de todoterreos e remolques espalláronse polos diferentes terreos asinados nestes dous Tecores.

A xornada transcorreu sen imprevistos e tan so solventar a existencia de pequenos bancos de néboa que interromperon a práctica cinexética continua a determinadas cuadrillas. As 14:00 h comezaron a chegar os primeiros participantes e capturas, e tan so un dos equipos, á espera de recoller o seus cans, fixo a súa entrada fora do control.

Un bo número de pezas capturadas e moitas máis avistadas foron o resultado desta xornada cinexética. Foi o equipo lucense Ganados Blanco o que obtivo o primeiro posto e deste xeito converténdose no campión galego cun total de 2.500 puntos. Seguiuno o equipo coruñés Raposeiros de Fiopans quen co mesmo número de puntos pero con menor fortuna no sorteo obtivo o subcampionato. Xa en terceira posición situouse o equipo pontevedrés de San Salvador de Escuadro con 1.500 puntos.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza