Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DEPORTISTAS ALTO NIVEL
Dous cazadores galegos, recoñecidos como Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)
11/5/2011

Víctor Villar e Artemio Formoso únense así a unha listaxe onde figuran grandes campións olímpicos como David Cal ou Javier Gómez Noya

Os excelentes resultados deportivos acadados por Villar e Formoso nos últimos anos tanto a nivel autonómico e nacional como internacional, valeulle a estes dous cazadores galegos federados para figurar entre os máis destacados deportistas galegos do momento.


O recoñecemento dos Deportistas Galegos de Alto Nivel, co que se pretende recoñecer e apoiar aos deportistas máis destacados no ámbito nacional e internacional, incentivando a sua dedicación ao deporte de alto nivel, naceu en xaneiro do ano 2004, e actualmente son máis de 330 os deportistas que ostentan esta categoría.

O nigranés de 25 anos Víctor Villar Fernández, competidor na modalidade de San Huberto -concretamente na categoría de cans levantadores- comezou hai dous anos unha xeira de bos resultados que o levaron a acadar o Campionato de España de 2009 na localidade castellonense de Barracas e posteriormente o Campionato do Mundo en 2010 en Senec (Eslovaquia).

Pola sua banda Artemio Formoso Barro, de 42 anos e natural de As Pontes, comezou a practicar o tiro hai tan só 5 anos e, tras sufrir no 2010 un accidente de moto no que perdeu un brazo, compite na categoría Handisport, na que se proclamou o pasado ano Campión de España de Percorridos de Caza en Trazo e posteriormente Campión do Mundo de Compak Sporting en Benamejí (Córdoba).

Villar e Formoso suman así un recoñecemento máis á sua excelente traxectoria deportiva, que de bo seguro inspirará a outros deportistas cinexéticos galegos a loitar por obter recoñecementos similares no mundo do deporte en Galicia.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza