Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS PARADA OURENSE
Iván López acada o campionato provincial con
9/5/2011

Participaron un total de 31 cans

Completando o fin de semana por terras ourensás, na xornada dominical de onte día 8 de maio, e baixo unhas condición disputábase no Tecor de Xinzo de Limia o Campionato Provincial de Ourense de Cans de Parada, organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

Ata un total de 31 cans fixeron a súa presentación en dita proba, 25 deles pertencentes a razas británicas e 6 a continentais; dando moito traballo e poñendo as cousas moi difíciles os xuíces Esteban Cambón Bertoa e Marcial Ramil Hermida.

Entre tanta participación, e na categoría de razas británicas, foi o ourensá Iván López López con “Sela de Bosende” (SIH) a que sacaba mellor tallada e acadaba unha cualificación de Exc. 1º, converténdose no novo Campión Provincial da modalidade. A cualificación de Moi Bo 2º foi lograda polo lucense Carlos Arteche Castillo con “Breco” (SIM). E xa completaba o podio tamén Iván López López con “Manyara da Xeara” (SIH) e unha valoración de Moi Bo 3º.

No referente a razas continentais, a existencia de faltas eliminatorias por parte das presentacións de ditos cans fixo que ningún deles obtivera cualificación.
 

GALERIA DE FOTOS:

Campionatos Provinciais de Ourense de San Huberto e Cans de Parada 2011
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza