Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NACIONAL SAN HUBERTO
Ana Arbiol, nova campiona de España mentres que a súa compañeira Nicolasa González foi subcampiona
28/9/2010

Victor Villar, campin de Espaa 2009 na categora de Springer Spaniel foi prata

A palense Ana Arbiol Ledesma, ven de proclamarse campiona de España de Caza San Huberto, na final disputada o pasado domingo en Trrega (Lleida). Arbiol, que nesta ocasión participaba co setter inglés Bratón de Lluisina que compite na modalidade desde o ano 1998, no que precisamente tamén se proclamou campiona de España, foi posteriormente podio noutras tres ocasións (unha prata e dous bronces), e ata en cinco ocasións facíase co podio no campionato do Mundo, 3 veces en individual e outras tres co equipo Español.

A súa compañeira, a naronesa, Nicolasa González Carrodeguas, que competía co can Jeff de Caaveiro, un setter inglés macho, facíase co subcampionato de España.  González Carrodeguas era a cuarta vez que competía na proba nacional, onde foi bronce en dúas edicións anteriores.

En Springer Spaniel, o cazador de Nigrán, Victor Villar, campión de España e subcampión do Mundo no 2009, proclamábase nesta edición, con Júpiter Estrellas de Tebra,  subcampión de España da súa categoría.

O día anterior (sábado, 25) disputábase a Copa España da modalidade, coa participación da selección galega masculina. O primeiro galego clasificado foi, Rubén Boquete da sociedade Rio Sar que acadaba a terceira praza do campo-G, mentres que os seus compañeiros  José Sanmartín e Juan Ramón Suárez, da sociedade Urogallo eran sextos nos C e H, respectivamente. Eliseo Faraldo, da sociedade Taboadela, foi oitavo no campo A.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza