Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ÉXITO GALEGO
O cazador galego Artemio Formoso, novo campión do Mundo de Compak Sporting na categoría Handisport
1/9/2010

O campo de tiro “Cortijo Carrero”, situado na localidade cordobesa de Benamejí acollía entre os dias 26 e 29 de agosto o Campionato do Mundo de Compak Sporting, no que tomaron parte máis de 300 tiradores de tódolos paises.

As altas temperaturas rexistradas -que chegaron aos 47ºC- marcaron o transcurso da competición, na que cada dia os tiradores debían enfrontarse a 50 pratos, manténdose a competitividade e a incógnita da victoria ata o derradeiro día do campionato.

Cabe destaca-la actuación do equipo español que, sentíndose profeta na súa terra, realizaba unha excelente actuación, culminada por Beatriz Laparra como campiona do mundo en individual na categoría de donas, e polo equipo español masculino que se clasificaba campión do mundo por equipos na categoría de sénior.

Pero máis destacada era se cabe a victoria do tirador galego Artemio Formoso Barro que se proclamaba Campión do Mundo na categoría “handisport”, categoría na que participan os deportistas con discapacidades físicas,  na que o galego xa se proclamara no pasado mes de xullo campión de España, no campionato de percorridos de caza disputado en Rio Sar.

Dende a Federación Galega de Caza queremos manifestárlle-la nosa máis sincera noraboa a este deportista pontés non só polos seus éxitos deportivos, senón sobre todo pola súa capacidade de superación digna dos mellores deportistas de élite, e pola súa loita e sacrificio persoal, que sen dúbida conseguirán animar a outros deportistas con discapacidades semellantes a participar neste tipo de competicións facendo do deporte o motor da superación.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza