Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NACIONAL COMPAK SPORTING EN RIO SAR
Cristóbal Jiménez reina en Rio Sar e gran participación dos galegos Daniel Cebreiro, Omar Insua e Francisco J. Villanueva
06/06/2022

XXIV Campionato de España de Compak Sporting - Selectivo Campionato de Europa

O 4 e 5 de xuño desputouse no Campo de Tiro Río Sar, por segundo ano consecutivo, o Campionato de España de Compak Sporting que tamén foi Selectivo para o Campionato de Europa da especialidade e que este desputarase, tamén en Río Sar, do 16 ao 19 de xuño.

Na proba participaron un total de 262 tiradores que se enfrontaron durante duas xornadas a un total de 200 pratos repartidos en 8 canchas de tiro. O campionato estivo organizado pola Real Federación Española de Caza e contou coa inestimable colaboración da Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar. 

Un campionato nacional no que o campo de tiro galego estivo á altura do agardado e amosou un forte músculo organizativo e técnico disposto a afrontar con éxito o vindeiro Campionato de Europa de Compak Sporting.

 

Tanto Cristóbal Jiménez como Beatriz Laparra repetiron, por terceir ano consecutivo, o título de campións de España. Destacamos a marca de 198/200 pratos conseguida por Cristóbal que foi imposible de alcanzar por Diego Martínez Eguizabal e José Manuel Rodríguez Andujar que remataron en segunda e terceira posición, respectivamente.

A afamada tiradora Beatriz Laparra sumaba un título máis ao seu amplo palmarés e compartía podio con Antonia Torre e Jennifer Román en segunda e terceira posición.

Na clasificación xeral, o galego mellor posicionado foi Daniel Cebreiro García que cun total de 187 pratos remataba na posición número 11 e certificaba unha extraordinaria tempada na disciplina de compak.

 

Pero a ledicia galega chegou co bronce acadado polo xoven tirador Omar Insua Rodríguez que despois de converteuse en campión galego fai escasos días foi quen de compretar unha extraordinaria tirada que con 158 pratos escachados colocárono entre os mellores tiradores nacionais da súa categoría.

Na categoría Homes nivel B o pontevedrés Daniel Domínguez Treinta rozou o podio cun 4º posto despois de realizar a fantástica marca de 184 pratos derribados.

 

Outra boa nova chegounos da man do tirador ourensán Francisco Javier Villanueva Dejuana que con 175 pratos e despois dunha tirada moi regular obtiña o subcampionato no nivel C Homes. Neste mesmo nivel tamén descamos o 4º e 5º posto dos galegos Rubén Boquete Varela e Francisco Javier Rivero Martínez.

Máis información do Nacional de Compak premendo na seguinte ligazón: https://bit.ly/Res24CECS

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza