Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL LUGO CAZA MENOR
Juan Carlos Rodríguez con “Krol” acada o provincial na Terra Chá
24/10/2021

Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can

O extenso terreo cinexético da Terra Chá acollía a fase provincial de Lugo de Caza Menor con Can no cal era o cazador Juan Carlos Rodríguez González co seu setter inglés de nome “Krol” o que obtiña o primeiro posto e se proclamaba campión provincial. 

Dita proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e desenrolouse o pasado sábado 23 de outubro nos montes do Tecor Terra Cha, sociedade de caza que colaborou coa FGC de Lugo na organización de dito campionato.

A favorable climatoloxía e a boa densidade de caza fixo desfrutar ós cazadores participantes que consegueron avistar caza durante as horas de competición, durante as cales case tódolos participantes chegaron ao control con capturas.

Con 1.300 puntos Juan Carlos Rodríguez González era o que obtiña a mellor puntuación e se proclamaba campión provincial. En segunda posición e con 1.100 puntos remataba Juan Antonio Pena Pillado co can “Garay do Lugar Vello”. Coa mesma puntuación que Pena Pillado pero en terceira posición remataba Bernardo Traseira Rois co setter inglés “Ringo I de Bosende”.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza