Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL CORUÑA CAZA MENOR
Nun provincial moi desputado o gañador foi Israel Ríos
28/10/2019

Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can

O pasado sábado 26 de outubro desputouse nos terreos do Tecor de Rois o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Rois.

A esta fase provincial acudiron un total de 23 cazadores e foi un campionato que, ao igual que ocorreu na edición anterior, sen dúbida, estivo marcado pola boa densidade de caza avistada o que permitiu desfrutar aos cazadores dunha boa xornada cinexética.

Foi o cazador Israel Ríos Rodríguez o que acadou o título de Campión Provincial con 1.100 puntos. En segunda posición, e tamén con 1.100 puntos, remataba o xoven cazador Antón Moure Segade. Francisco Santiago Rodríguez era o que obtiña o bronce tamén con 1.100 puntos.  

A estes tres cazadores acompañaranos Jose Manuel Torres  Cebey, Antonio Olveira Pego e Yeray Lorenzo García, conformando deste xeito o equipo que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade que se desputará este sábado día 2 de novembro en Lugo.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza