Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMPAK SPORTING
Cebreiro García imponse na fase provincial de Coruña
30/04/2018

O pasado día 29 de abril, disputouse nas instalacións do Campo de Tiro Río Sar, o Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade Deportiva Río Sar.

Á proba acudiron un total de 41 tiradores que se enfrontaron a 100 pratos en diferentes canchas e con traxectorias moi diversas e con varios niveis de dificultade.

Foi o tirador Daniel Cebreiro García o que se impuxo na clasificación xeral con 86 pratos escachados. Un primeiro posto moi rifado xa que tamén con 86 pratos remataba o tirador Manuel García Pombo. O bronce foi para Ángel Mosquera Cornide con 85 pratos escachados.

Na categoría de veteranos impúxose o tirador Ángel Ramón Vidal Quintela 80 pratos, o mesmo número de pratos escachos que o segundo e terceiro posto que foron ocupados polos tiradores Elisardo Cea Cebreiro e Fernando Sánchez Mancebo, respectivamente. 

Con 60 pratos o tirador Ángel Mosquera Rodríguez resultaba gañador en superveteranos e Antón Moure Segade subía ao máis alto da categoría de xuvenís con 67 pratos escachados.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza