Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS PARADA OURENSE
José María Carnota, campión con "Berta"
19/3/2018

O día 18 de marzo, inicio da temporada de pesca con moitos cazadores pateando a beiras dos ríos coa cana e a sedela, e véspera do Día do Pai, da Festividade de San Xosé e derradeiro domingo do inverno,  tiña lugar en terras  limiás o Campionato Provincial  de “Caza Práctica” de Ourense.

Contenda que se responsabilizou de estruturar a Federación Galega de Caza de Ourense e a sociedade de caza convídante, a de Xinzo. Torneo que se encargaron de dirixir os federativos Manuel Feijoo Castro e José Castro Rivela, transcorrendo o exercicio das 9 da mañá a pouco despois do mediodía, nus terreos bastante encharcados do Tecor de Xinzo (zona Laroá) e un día frío,  ascendendo a participación A 12 cans. Non moitos, certo, pero non por elo careceu o evento dun fenomenal e deportivo ambiente e dun nivel competitivo cualificado “medio” polo arbitro santiagués, José Moure e o lucense  José Ángel Seco, quen actuou de titular.  

CLASIFICACIÓN

  • 1ª e campioa, cun excelente, “Berta de Vilar de Domas” (SIF) de José María Carnota (10 puntos)
  • 2º e subcampión, “Lío” (SIM), cun MB, de Antonio Vilar (4 puntos).
  • , “Grill dos Potinhos”, de José María Carnota (4 puntos)

Sinalar tamén, que a organización raiou a “excelencia” e que as perdices voaban moi ben o que agradeceron os participantes. Como colofón a actividade cinexética procedeuse a  entregalos trofeos no mesmo monte, para a continuación celebrase o acostumado xantar de clausura que neste caso desenvolveuse no Restaurante “Antela Estación de Servizo”.

 Dicir por ultimo, que un dos obxectivo da organización federativa deste evento de máximo nivel provincial dentro da súa categoría, é o de dar a coñecer este emocionante, vistoso e rechamante deporte, así como promover e mellorar as cualidades naturais, a educación cinexética e o adestramento dos cans de caza, desenvólvense de xeito similar á competición de San Huberto, a excepción de que non hai morte da caza.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza