Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS CORU脩A
Dom铆nguez Agulleiro campi贸n provincial
23/1/2018

O pasado sábado 20 de xaneiro disputábase o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas 2018 que era acollido polos terreos do Tecor de Castromaior – A Gracia organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita sociedade de cazadores.

Ata un total de 23 arceeiros cos seus fieis compañeiros caninos tentaron dar caza as arceas. Unhas arceas que a estas alturas da tempada entrañan unha enorme dificultade a súa caza. Mostra delo e as máis de 15 avistadas e tan so 3 cazadas.  

Rematada a proba e feita a entrada en control de tódolos participantes era o cazador José Constantino Dominguez Agulleiro o que se proclamaba campión provincial con 1 arcea. Co mesmo número de arceas pero en segunda posición remataba Manuel Candela Rama. Xa con 1 arcea Francisco Martínez Pensado era o terceiro clasificado.

Xunto con estes tres primeiros clasificados, os cazadores Javier López Cendan, José Manuel Martínez Pensado e Oscar Suárez Ventoso conforman a selección provincial de A Coruña que representará a dita provincia no Autonómico de Arceas 2018.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campi贸n provincial foi Jos茅 Luis Mera con 鈥淭rufa鈥 e o campi贸n da proba 脕lvaro Fontenla con 鈥淟ito鈥

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario Gonz谩lez foi o campi贸n lucense e Roberto Rodr铆guez o campi贸n da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del R铆o foi o campi贸n provincial e campi贸n da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campi贸n provincial e Daniel Cebreiro o campi贸n da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza