Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN A GOBERNA
Manuel Blanco impúxose na "mixta" de Percorridos e Compak de Beariz
23/8/2017

O campión, Manuel Blanco

Organizada pola Sociedade Deportiva “A Goberna” de Beariz (Ourense) e autorizada e supervisada pola Federación Galega de Caza  Provincial, o día 20 do mes de agosto disputouse no complexo de tiro locatario unha tirada “mixta” de Percorridos e Compak Sporting. Disciplinas descoñecidas para moitos e na que tomaron a alternativa varios afeccionados da comarca. 

A competición transcorreu baixo un sol (40º) de xustiza, disputándose nun escenario magnífico entre as 6 e as 9 da tarde. Tiráronse 50 pratos e na mesma participaron unha vintena de deportistas sendo os encargados de xulgar o seu desenrolo, Alfredo Reneda e Florentino Fernández Amaro. Así quedou a clasificación: 


A subcampioa, María Saavedra

  • 1º e campión, Manuel Blanco Puertas, con  46 pratos rotos de 50.
  • 2ª e subcampioa, María Saavedra, con 44/50
  • 3º, José Manuel Fortes Lamas, con 43/50
  • 4º, Eugenio López, coa mesma puntuación.

Comentar tamén, que deportividade e ambiente déronse a man e que a Sociedade local que preside Francisco González González, o que contou coa colaboración do Presidente da Sociedade Venatoria local “A Goberna-Regueiro”, Víctor Manuel Barros, postulouse deste xeito para acoller o longo do ano diferentes probas deste tipo a partires de agora. Asociación da que tamén forman parte como directivos: José Manuel Fortes, Tomás José Sancho, Jorge Cores e como vogal e colaborador especial, Pepe Balboa, pioneiro en por en escena hai moitos anos o tiro ao prato en Beariz.

Os catro primeiros clasificados da proba

O remate da contenda e logo dunhas palabras de agradecemento dos organizadores aos participantes, procedeuse a entrega dos diplomas acreditativos e dos premios en metálico que había en xogo. Todo resultou ameno e agradable.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza