Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL
O monteiro Iglesias Neira acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Cañón”
9/5/2016

Proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade

Máis de 30 cans e monteiros déronse cita o pasado 30 de abril en Vilagarcía de Arousa para participar  nunha proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizado pola Sociedade de Cazadores de Karsita e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza de Pontevedra.

Alto nivel e participación fixo que se puidesen ver extraordinarias presentacións do binomio monteiro – can no rastrexo do suido.

Foi o participante José Luis Iglesias Neira o que co seu can de nome “Cañón” acadase o primeiro posto da clasificación final con un total de 243,5 puntos. Con 231,5 puntos e en segunda posición situouse Álvaro Fontenla con “Piñon”. Antonio Sánchez Sexto co seu can “Tito” completaba o podio cun meritorio terceiro posto con 211,5 puntos.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios, na que interviñeron directivos da Sociedade de Cazadores de Karsita e o presidente da Federación Galega de Caza de Pontevedra, Francisco Couselo, puxo o punto e final a esta proba.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza