Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS PONTEVEDRA
O ponteareán José Antonio Rodríguez é o novo campión provincial
23/11/2015

Igualdade e bo facer dos 30 participantes que tomaron parte no Campionato Provincial de Caza de Arceas de Pontevedra disputado o día 21 do pasado mes de novembro entre ás nove da mañá e as dúas da tarde. Cinco horas de exercicio que transcorreron nas 26.000 Has. con que conta o Tecor de Forcarei e nas que se viron menos “xordas” das que se vaticinada na véspera, pero tamén nas que se capturaron máis pezas das que se pensaba ao momento de dala saída. Opinións que fundamentaban os entendidos no feito de non haberse efectuado ningunha entrada importante de “chochas” este ano.

Unha proba do máis natural, dura e moi competitiva. Tanto así, que mentres o campión da pasada edición Andrés Pereira, non chegaba a puntuar nesta ocasión, os seis primeiros clasificados non pasaron dunha captura por cabeza, a pesar dos esforzos e sacrificios que fixeron por ver se superala criba que supón este fase.  

CLASIFICACIÓN

1º e Campión provincial 2015,  José Antonio Rodríguez Rodríguez, da Sociedade “Pestica” de Ponteareas, con 500 puntos.

2º e subcampión, Ramiro Ramírez Lorenzo, representante da Sociedade  de Cuntis, con igual puntuación.

3º, José A. Vasconcellos Vicente, da “Rosaleña” cos mesmos puntos cos anteriores.

4º, Rafael Vázquez Cores, Sociedade “Rías Baixas”, tamén con 500 puntos.

5º, Daniel Facorro Valiñas, da Sociedade “San Verísimo” (Cuntis), igualmente con 500 puntos.

6º, Gustavo Alonso Rodríguez, da Sociedade “Gondomarense”, así mesmo con 500 puntos.

Os cinco primeiros representarán a provincia de Pontevedra na final galega de especialidade, mentres  e o sexto queda de reserva.

Salientar por último, que  as pezas abatidas foron case que todas pilladas ao  pouco de comezar a competición. Por exemplo, o campión, que por certo quedou practicamente toda a mañá sen a axuda do seu can o marchárselle cun corzo, abatía a arcea os quince minutos de empezar o Campionato. Tamén, qué Belén Sanmartín, da Sociedade “Coirego” (O Pelete), foi a única dona participante facendo de xuíz de campo de Javier Calvo (Sociedade A Rosaleña). Así mesmo, que o exercicio transcorreu, nunha mañá fría,  polas canles máis deportivas que un poida imaxinarse, resultado unha excelente gala dos becadeiros de Pontevedra.

Para rematar dicir, que a modo de broche final celebrouse, como ven sendo costume, un Xantar de Clausura o que estivo presidido polo presidente federativo, Francisco Couselo e maila Alcaldesa de Forcarei,  Belén Cachafeiro Anta, asistindo tamén o presidente do Tecor, José González Picón e o Director da Proba, José Manuel Martínez, entre outros. O final do mesmo entregáronse os trofeos correspondentes os gañadores.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza