Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA MENOR PONTEVEDRA
Vasconcellos Vicente acada o título de campión provincial
24-10-2015

O pasado sábado 24 de outubro desputouse nos terreos do Tecor pontevedrés de A Cañiza, o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Cazadores de A Cañiza.

O campionato trascorreu sen imprevistos e os cazadores poideron desfrutar de importantes lances cinexéticos, en especial sobre os coellos.

Foi o cazador e tirador José Antonio Vasconcellos Vicente o que se impuxo neste provincial ao acadar un total de 400 puntos ao derrivar 2 becacinas. Iván Moure González, ata ese día o actual campión, obtivo o segundo posto con 350 puntos ao entrar no control con 1 coello. En terceira posición remataba Juan José del Río Solla con tamén 350 puntos. 

No tradicional xantar de irmandade tivo lugar a entrega de premios por parte das autoridades alí presentes entre as que se atopaba o presidente da  FGC en Pontevedra Francisco Couselo, o presidente da Sociedade de Caza A Cañiza José Filgueira, o sarxento da Garda Civil Fernando González e o alcalde de A Cañiza Miguel Domínguez. 

Acudirán ao Campionato Autonómico da especialidade en representación da provincia de Pontevedra os seguintes cazadores: José Antonio Vasconcellos Vicente, Iván Moure González, Juan José Del Río Solla, Roberto Garrido Moreira e Julio González Souto.

  

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza