Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SAN HUBERTO OURENSE
José Francisco Otero acada o provincial
15/4/2015

Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto

O pasado 11 de abril disputábase a fase provincial de Ourense de Caza San Huberto na localidade de Sandiás. Un campionato que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración da Sociedade de Cazadores de Sandiás.
A proba estivo xulgada polo xuíz Juan Álvaro Rodríguez Pereira, e o Xurado de Competición integrado por Luis Fernández González e José Manuel Feijoo Castro, sendo os Directores da Proba Manuel Feijoo Castro e José Castro Rivela, quen deron a clasificación final resultando do seguinte xeito.

O primeiro posto foi para José Francisco Otero González que co pointer macho “Indio de Pasarín” acadou unha puntuación de 53 puntos converténdose no novo Campión Provincial da especialidade. José Francisco era seguido, en segunda posición, de Andrés Sánchez Fernández con “Roa de Bosende” e 44 puntos. O terceiro posto foi para o cazador Pedro Nieto González co setter inglés “Mayor de Bosende” con 42 puntos.

Na especialidade de Springer Spaniel o primeiro posto era para Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forveláz” obtendo 25 puntos. O segundo posto, a dous puntos do primeiro, era para José Canosa Senlle con “Saly de Forvelaz”.

José Francisco Otero González, Andrés Sánchez Fernández, Eliseo Faraldo Fernández e José Canosa Senlle, son os cazadores que conforman a selección de Ourense que representarán a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da modalidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza