Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA MENOR OURENSE
Jorge Vázquez foi o gañador
29/10/2013

Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can

O pasado sábado 26 de outubro disputouse nos terreos da Sociedade de Cazadores de Sandiás, sito no concello de Sandiás, o Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza de Ourense en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

Destacar desta fase provincial a abundancia de caza que avistaron os participantes, feito este que fixo que a proba estivese do máis entretida, sucedéndose diferentes lances ao longo do transcurso da competición.

Foi o cazador Jorge Vázquez Iglesias o que acadaba o título de Campión Provincial de Ourense de Caza Menor con Can cun total 600 puntos. En segunda posición remataba Roberto Miguelez Sainza con tamén 600 puntos pero chegando máis tarde ao control que Jorge Vázquez. E o terceiro posto era para Abel Andrés Otero con 400 puntos.

Jorge Vázquez Iglesias, Roberto Miguelez Sainza, Artemio Formoso Barro e Manuel Marcos Pérez González serán os cazadores que representaran a provincia de Ourense no vindeiro Campionato Galego da especialidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza