Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PAXARILES PONTEVEDRA
O Grove acolleu a fase provincial de paxaros cantores
7/5/2013

Campionato Provincial de Pontevedra de Paxariles

O pasado 6 de maio, disputouse en o Grove, a fase provincial de Pontevedra de Paxariles organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade O Grove.

A proba acudiron un total de 156 paxaros repartidos nas diferentes categorías. Actuaron como xuíces Iván Fajardo Cao, Manuel A. Chao Porto, Jesús Fajardo e Juan Pico Pico, sendo o Director da Proba Rafael Prol Caneda.

Na clasificación de Pardillo o primeiro posto foi para Álvaro Suárez Suárez con 9 puntos, seguido de Ángel González Ferreira con 9 puntos e xa en terceiro posto Cándido Lago Álvarez con tamén 7 puntos.

Na categoría de Xílgaro foi Germán Alcalde Cerviño o que obtivo o primeiro posto con 32 puntos, seguido de Félix Romay Rey e Javier Gómez Alcalde en segunda e terceira posición con 21 e 9 puntos respectivamente.

En Mixto de Xílgaro o primeiro posto recaeu en Félix Romay Rey con 98 puntos. Con 47 puntos o segundo posto foi ocupado por Germán Alcalde Cerviño. Co mesmo número de puntos Julio Pereira Sánchez acadaba a terceira posición.

Na categoría de Verderón o participante Manuel Pereira González acadaba o primeiro posto con 2 puntos. Seguiuno Pablo Corrales González con 1 punto e Robin Prol Devesa con 1 punto, en segunda e terceira posición, respectivamente.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza