Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA RAPOSO
O equipo “Río Ulla 1” é o novo Campión Galego
21/1/2013

XVIII Campionato Galego de Caza de Raposo

O pasado sábado 19 de xaneiro disputouse a XVIII edición do Campionato Galego de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración das Sociedades de Caza de San Huberto de Valga, Cibrán-Xinés e Portas.

Foi esta, unha edición marcada polo forte temporal que azoutou a nosa comunidade e que deu mostra, unha vez máis, da fortaleza dos cazadores en xeral e dos raposeiros en particular que tiveron que sufrir a pe de monte as inclemencias dun forte temporal. A esta fase autonómica acudiron os 16 equipos clasificados nas súas respectivas fases provinciais máis o campión da edición anterior.

A forte choiva e vento que tiveron soportar cans e cazadores fixo moi complexa a xornada, dificultando moito o traballo de rastrexo do raposo por parte dos cans. Feito este o que minguou o número de capturas e avistamentos.

Ata un total de 7 equipos chegaron ao control con capturas, producíndose un empate de 7 cuadrillas con 500 puntos cada unha delas. Isto fixo preciso que se realizara un sorteo para coñecer a clasificación final.

Nesta ocasión a sorte quixo que o equipo pontevedrés “Río Ulla 1” se convertese no novo Campión Galego da especialidade. O subcampionato foi para terras de A Coruña acadado polo equipo “Os Intocables”. “Los Hombres de Paco” chegados de Ourense facíanse coa terceira posición completando deste xeito o podio final.

Un xantar ao que asistiron cazadores, guías, organización e autoridades puxo o punto e final desta XVIII edición, non sen antes realizarse a entrega de premios e agasallos a todos os equipos participantes.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza