Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA MENOR PONTEVEDRA
David Millán adxudícase o provincial en Bueu
13/11/2012

Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can

O pasado sábado 10 de novembro tivo lugar no concello pontevedrés de Bueu o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Bueu.

A esta fase provincial acudiron un total de 23 cazadores que tomaron a saída ás 9:00 horas. Transcorrido o tempo de competición estipulado pola organización tódolos participantes fixeron a súa entrada en control dentro do horario previsto.

Foi o cazador David Millán Ucha o que con 4 coellos abatidos se impuxo neste campionato converténdose no novo Campión Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can cun total de 1.400 puntos. En segunda posición situouse Juan José Del Río Solla con 3 coellos, un deles capturado polo seu can, que lle reportaron un total de 875 puntos. O participante Julio González Souto tívose que conformar coa terceira posición ao entrar no control cun coello que lle deu unha puntuación de 350 puntos.

A estes tres participantes súmanselles Cristian Pereira Riveiro, José A. Vasconcellos Vicente e Diego Rodríguez Otero; formando a selección provincial de Pontevedra que participará no vindeiro Campionato Galego da especialidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza