Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO COELLO
O lote propiedade de Lista Blanco imponse na Copa España
9/10/2012

IV Copa España de Cans de Rastro modalidade Coello

O pasado 6 de outubro disputouse no Tecor coruñés de Dumbría unha edición máis da Copa de España de Cans de Rastro sobre Coello organizada pola Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Mamed de Dumbría.

Á proba acudiron un total de 12 lotes de cans os cales foron xulgados polos xuíces Manuel Vázquez Mosquera, José María Álvarez Villar e Isabel Negreira Chaves. A proba transcorreu sen imprevisto e o público asistente, cunha climatoloxía cambiante con forte vento pola maá, puido desfrutar do bo facer deste pequenos rastreadores.

Transcorridos os tornos de participación, a organización deu a coñecer a clasificación desta IV Copa España sendo o primeiro clasificado o lote formado por “Nina”, “Tula”, “Tara” e “Luna” propiedade de Antonio Lista Blanco con 530 puntos. A tan so 1 punto, situouse en segunda posición o lote de beagles “Eros”, “Era”, “Sam” e “Tula” de Juan Carlos Casas Cambón. “Champan”, “Demo”, “Boby” e “Terry” foi o lote propiedade de Óscar Esparis Agra o que se tivo que conformar coa terceira posición con 502 puntos.

Os xuíces nomearon ao can de nome “Chispa” propiedade de Manuel Pombo Bouzón como mellor can da proba cunha puntuación de 147 puntos.

Un xantar de irmandade entre xuíces, participantes e organización, seguida da entrega de premios por parte das autoridades alí presentes, entre as que se atopaba o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, puxo o punto e final a esta IV edición da Copa de España de Cans de Rastro sobre Coello.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza