Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL
O lote de cans propiedade de Antonio Castro impúxose na IV Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril
30/5/2012

Na proba participaron un total de 19 lotes chegados de Galicia, Asturias e Cantabria
 
Os cans conducidos por Antonio Castro, de Ferrol, proclamábanse campións da IV Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril, que se celebrou o pasado sábado día 26 de maio nos Tecores das Sociedades de Cazadores Ortegal e Cedeira. Esta proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en A Coruña contando coa colaboración de ditas Sociedades de Caza. O segundo posto foi para o cazador de Cedeira, Andrés Toxeiro, e o terceiro era para o cántabro Luis Felipe Martínez.

Os trofeos para os dous mellores cans recaeron en Lassie e Larry, unha griffona e un cruce de griffón e o terceiro posto repartírono os cans Cuco, Sil, Killo e Pinto, dous griffóns, un cruce de griffón e un sabueso,  todos eles propiedade do gañador da proba, Antonio Castro.

Presentábanse nesta edición un total de 19 lotes de cans procedentes de toda Galicia así como das comunidades veciñas de Asturias e Cantabria, así como un gran número de público que se concentraba tanto a primeira hora para acompañar aos participantes e disfrutar do traballo dos cans, como ao acto de clausura que tiña lugar nunha carpa habilitada no polígono de Ortigueira, e ao que acudían, entre outras autoridades, o Presidente Provincial da FGC, Manuel Saa, o Alcalde de Ortigueira, Rafael José Girón , o Alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, así como os Presidentes das Sociedades anfitrioas, José Manuel López, da Sociedade de Ortigueira, e Enrique Losada da Sociedade de Cedeira.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza