Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Descargar en PDF Imprimir
ARCEAS
César López Rodríguez proclámase Campión Provincial de Ourense de Caza de Arceas
23/11/2009

 O pasado 21 de novembro celebrábase no Tecor “Luintra”, da Sociedade de Cazadores de Nogueira de Ramuín, o Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas, organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense  en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Nogueira de Ramuín.

A proba, que contaba cun total de 10 participantes, remataba con César López Rodríguez gañador ao capturar unha arcea, e proclamándose polo tanto Campión Provincial. Segundo clasificado era José Carlos Otero Pérez, quen capturaba tamén unha arcea. Estes dous cazadores eran os únicos que conseguían capturar algunha peza, polo que o terceiro posto decidiuse por sorteo, sendo Camilo Pacios Viso o que remataba nesta posición.

CLASIFICACIÓN

Pos Cazador CAPTURAS Puntos
César López Rodríguez 1 arcea 500
José Carlos Otero Pérez 1 arcea 500
Camilo Pacios Viso 0 (sorteo) 0
Carlos González Casas 0 (sorteo) 0
Jesús Feijoo Fariñas 0 (sorteo) 0

Os seguintes cazadores clasifícanse para o Campionato Galego da modalidade, que se disputará o vindeiro 5 de decembro: César López Rodríguez, José Carlos Otero Pérez, Camilo Pacios Viso e Carlos González Casas.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE XABARIL
07/05/2024
O campión provincial foi José Luis Mera con “Trufa” e o campión da proba Álvaro Fontenla con “Lito”

PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
05/05/2024
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba

PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
04/05/2024
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza