COMPAK SPORTING CORUÑA
Iglesias Otero imponse na fase provincial
7/5/2012

Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting

O pasado día 6 de maio, desputouse nas instalacións do Campo de Tiro Río Sar, o Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade Deportiva Río Sar.

A proba acudiron un total de 33 tiradores que se enfrontaron a 100 pratos en diferentes canchas e con traxectorias moi diversas e con varios niveis de dificultade.

Foi o tirador Antonio Iglesias Otero o que se impuxo na clasificación xeral con 86 pratos escachados. Un primeiro posto moi reñido xa que foi preciso unha rolda de desempate na que Iglesias Otero aventaxou en 3 pratos a Daniel Cebreiro García que tamén con 86 pratos obtivo o subcampionato. Compretou a clasificación xeral Francisco Javier Rivero Martínez en terceira posición con 85 pratos esnaquizados.

Na categoría de veteranos impúxose o tirador Emilio José López Mosquera con 73 pratos na mentras que o tirador Ángel Mosquera Rodríguez con 69 pratos resultaba gañador en superveteranos.

A Sociedade Deportiva Río Sar tivo unha mención especial o tirador superveterano Manuel Martín Boedo, ao que se lle fixo entrega dun obsequio en recoñecemento da súa traxectoría e por seguir desfrutando da súa presenza nestas probas.