DIVULGACIÓN |
IX Xornada sobre Xestión Cinexética e Medio Ambiente en Portas |
4/5/2012 |
Nas derradeiras horas, concretouse o programa da xornada que se celebrará o vindeiro día 9 de xuño Chega un ano máis a cita obrigada para todos aqueles xestores das sociedades de caza, gardas, cazadores, etc. chega a IX Xornada sobre Xestión Cinexética e Medio Ambiente de Portas, que este ano terá lugar o vindeiro 9 de xuño. Apesares de estar a varias semanas da celebración de dita xornada, xa esta concretado o programa de poñentes desta xa novena edición. Sen dúbida unha edición de moito interese para cazadores e sociedades de caza. Nas seguintes liñas adiantámosvos os contidos desta IX Xornada de Xestión Cinexética e Medio Ambiente. A inauguración da xornada correrá a cargo do Presidente Provincial da FGC en Pontevedra, Juan A. Alonso, do Subdirector de Recursos Cinexéticos da Xunta de Galicia, Emilio Rosa e do Alcalde do concello de Portas,Roberto Vázquez. A continuación comezarán as ponencias, tomando a palabra en primeiro lugar José Luís Garrido, Director de Fedenca que baixo o título “Situación actual dos proxectos de Fedenca” fará unha exposición sobre a situación na que se atopan diversos proxectos acometidos pola entidade, como son os relacionados coa perdiz, a rola, as anátidas ou a cría en cautividade de frinxílidos. Máis tarde será o turno para Francisco Parra, Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Oviedo, que coa ponencia: “Control da Mixomatoses e da Enfermidade hemorráxica do coello” fará unha introdución sobre os virus responsables destas enfermidades, así mesmo abordará a sempre “controvertida” vacinación fronte á mixomatoses e pechará a súa intervención aportando información sobre a nova variante do virus da enfermidade hemorráxica que está causando unha gran mortaldade entre a poboación de coellos e que pode representar outra grave ameaza en aqueles lugares onde a densidade dos lagomorfos xa son baixas. Tras o descanso para o café, farase entrega do galardón creado pola Sociedade de Caza de Portas, fai xa tres anos, que baixo o nome de “Coello de Ouro ” quere recoñecer a labor, o traballo, a adicación e a traxectoria de alguén relacionado co mundo da caza. A continuación chegará o turno de Pedro González Redondo, Enxeñeiro Agrónomo e de Montes da escola Técnica Superior da Universidade de Sevilla que co título “Cría en cautividade de coellos de monte” fará un amplo percorrido sobre as implicacións da cría en cautividade de coellos de monte, incidindo nos modelos de produción e sobre todo na súa viabilidade de cara a futuras repoboacións. En cuarto lugar e non por elo menos importante, será o turno de Mario Saez de Buruaga, Biólogo que baixo o título “Proxecto Becada. Unha viaxeira intrigante” acercará a os asistentes os enigmas do ciclo biolóxico desta ave, aportará datos do “proxecto becada” da RFEC e do CCB e incidirá en aspectos fundamentais da caza e conservación desta migratoria que cada día conta con máis admiradores en Galicia. Sobre as 13,30 comezará unha mesa debate moderada por Manuel Martínez, coordinador da Comisión para a Xestión do Coello de Monte de Fedenca, onde ademais de os ponentes da xornada, acompañaranos Jesús Marquina Olmedo, Xefe de Servizo de Caza e Pesca da Xunta de Galicia e que baixo o título “Caza: Conservación e Sostenibilidade” servirá de base para que todos os asistentes expoñan as súas experiencias, formulen preguntas e aclaren dúbidas acerca dos contidos das ponencias. A clausura da IX Xornada sobre Xestión Cinexética e Medio Ambiente correrá a cargo de José Luís Garrido, Director de Fedenca, Javier Nogueira Diz, Presidente da Federación Galega de Caza e Ricardo García-Borregón Millán Director Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia. |