SOCIEDADES
As Sociedades de Caza deberán adaptar os seus estatutos á nova Lei do Deporte de Galicia
4/5/2012

O pasado 14 de abril, entrou en vigor a nova Lei do Deporte de Galicia, Lei 3/2012. A disposición transitoria única da Lei OBRIGA ÁS SOCIEDADES A MODIFICA-LOS SEUS ESTATUTOS PARA ADAPTALOS Á MESMA, antes do 14 de abril de 2013 (tamén aquelas sociedades que dispoñan de Regulamento de Réxime Interno deberán proceder á súa modificación).

Por este motivo desde a Federación Galega de Caza co obxecto de facilitárlle-lo labor de cumprimentar e presentalos mesmos no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia, poñemos á súa disposición os impresos necesarios, recomendándolle que lea atentamente as instrucións antes de cumprimenta-los mesmos. Pinche aquí para descarga-los impresos.

Unha vez cumprimentada a documentación pode remitírnola directamente á Federación Galega (Santiago) ou a súa Federación Provincial máis próxima, e nós encargarémonos de facer tódolos trámites ante o Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia.

Se esa sociedade, desexa modifica-lo seu Regulamento de Réxime Interno, ou elaborar un novo, pode descarga-lo aquí.

É importantísimo, non deixar transcorrer o prazo máximo para realiza-la adaptación dos Estatutos,  pois o non telos adaptados, mesmo podería supor certos retrasos en determinada documentación que se precisase da Xunta de Galicia.