COMPAK PONTEVEDRA
Martín Baqueiro adxudícase o provincial de Pontevedra
2/5/2012

XIII Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting

O pasado 29 de abril, disputouse no Campo de Tiro “Eido Dalbo” sito en Xinzo – Ponteareas, a edición XIII do Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade “Club de Tiro Eido Dalbo”.
Na proba participaron un total de 33 tiradores que afrontaron os 100 pratos dos que contaba a proba, sendo xulgados por José Antonio Carrera Domínguez e Cesar Tosar Martínez.

Disputado campionato, chegou o intre de coñecer a clasificación provincial, converténdose o tirador Martín Baqueiro Villafines no novo campión provincial da especialidade con 92 pratos escachados. Foi preciso unha rolda de desempate para coñecer o segundo e terceiro posto da clasificación xeral, sendo Daniel Domínguez Treinta o segundo clasificado o avantaxar en tan so un prato a Javier Rivero Martínez que se viu relegado a terceira posición.

En veteranos o gañador foi Gabino Villamor Vázquez con 91 pratos esnaquizados e na categoría de superveteranos o primeiro posto recaeu en Miguel Blanco Álvarez con 67 pratos./p