SECRETARÍA DEPORTES |
Corren malos tempos para o Deporte Galego |
27/4/2012 |
Representantes da maioría das 59 federacións deportivas galegas, acudiron na tarde de onte á convocatoria realizada polo Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, na que recibían unha nova pouco gratificante para o Deporte Galego en xeral, como ben recoñecía na súa exposición o propio Secretario Xeral, José Ramón Lete. As Federacións Autonómicas terán unha redución lineal do 7,5% no Convenio Anual, o cal non vai deixar de significar unha traba máis para o desenvolvemento normal da súa actividade, un furo máis no cinto desta, polo menos para a Federación Galega de Caza, se ben cos tempos que corren o Presidente, Javier Nogueira, entende que ao igual que aos cidadáns e aos deportistas tamén nos toca arrima-lo lombo. |