SILVESTRISMO CORUÑA |
Paxaros Cantores en Narón |
25/4/2012 |
O pasado sábado 22 de abril, disputouse no concello de Narón o Campionato Provincial de A Coruña de Paxaros Cantores baixo a organización da Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Paxariles A Faísca. Na competición participaron un total de 123 paxaros repartidos nas seguintes modalidades: 37 xílgaros, 25 pardillos, 26 verderóns, 20 mixtos de xílgaro, 12 mixtos de pardillo e 3 mixtos de verderóns. Actuaron como xuíces Iván Fajardo Cao, Gonzalo Vergara Castro, Jesús Ángel Faraldo Ares e Manuel Ángel Chao Porto, sendo este último o director da proba. A clasificación final quedou do seguinte xeito: Pardillo Mixto de Pardillo Xílgaro Mixto de Xílgaro Verderón Mixto de Verderón |