RRCC OURENSE |
O tirador Daniel Cebreiro foi o gañador absoluto e Jorge Vázquez o campión provincial |
25/4/2012 |
O pasado 21 de abril tivo lugar no Campo de Tiro da Sociedade Deportiva de Xinzo de Limia o Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración de dita sociedade deportiva. A cita acudiron un total de 31 tiradores os cales foron xulgados por Casimiro Ucha Peña e Rubén Martínez Bugallo. A proba disputouse a 100 pratos e unha vez reunido o xurado de competición integrado por José Luís Leites González e Manuel Feijoo Castro a clasificación final quedou do seguinte xeito. O primeiro posto foi para o coruñés Daniel Cebreiro García que escachou un total de 85 pratos. En segunda posición situouse o pontevedrés Daniel Domínguez Treinta con 81 pratos. Xa na terceira posición e polo tanto Campión Provincial foi o ourensán Jorge Vázquez Iglesias con 81 pratos escachados Na categoría de xuveniles o campión foi o ourensán Matías Martínez Álvarez con 58 pratos escachados e en veteranos o primeiro posto recaeu para o tamén ourensán Eliseo Faraldo Fernández con 79 pratos esnaquizados. Acudirán o Campionato Galego conformando a representación da provincia de Ourense os seguintes tiradores: Jorge Vázquez Iglesias, Eliseo Faraldo Fernández, Carlos Taboada Gómez, José Luís Saavedra Barcia, Vicente Martínez Pico, José Luís Estevez Diéguez, Matías Martínez Álvarez, Alberto Núñez Estevez e Manuel Marcos Pérez González. |