XUÍCES
Xuntanza de reciclaxe para xuíces de San Huberto, Cans de Mostra e Spaniels
19/4/2012

O pasado sábado día 14 de abril, tivo lugar na sede central da Federación Galega de Caza, sita en Santiago de Compostela, unha xuntanza a que asistiron 20 xuíces das modalidades de San Huberto e Cans de Mostra pertencentes ás diferentes categorías: nacionais, autonómicos, provinciais e auxiliares, co fin de unificar criterios de cara á presente tempada de competicións.

A reunión correu a cargo de José Lugrís Calvo, Delegado da FGC e Xuíz Nacional desta modalidade.

Perante a longa e intensa xuntanza, os asistentes fixeron un percorrido por tódolos artigos das Regras Técnicas do actual regulamento, deténdose e intercambiando opinións en cada un deles e acordando levalos á práctica nos campos das probas.