PERCORRIDOS CAZA
O tirador galego Ángel Mosquera, gañador da VI Copa Beretta de Percorridos de Caza na categoría de superveteranos
12/4/2012

A VI edición da Copa Beretta tivo lugar do pasado 31 de marzo ao 1 de abril en Castillejo de Robledo – Soria, e a ela acudiron un total de 152 escopetas. Foi José Julián Moreno Carrasco o que acadou o primeiro posta na categoría absoluta cun total de 144 pratos escachados sobre 150. O galego mellor clasificado na xeral foi Antonio Iglesias Otero no posto 15 con 132 pratos escachados.

Destacar a actuación do experimentado tirador galego, Ángel Mosquera, que acadou o primeiro posto na categoría de superveteranos  con 122 pratos escachados.