XUÍCES
Xuntanza dos xuíces de San Huberto e Cans de Parada na FGC
29/3/2012

Os órganos da Federación seguen a configurar as pautas de organización da nova tempada de competicións.

Á xuntanza de xuíces de rastro de xabaril que se celebrará mañá, súmaselle a convocatoria dos xuíces das modalidades de San Huberto e Cans de Parada para outra xuntanza centrada no mesmo obxectivo que a primeira: a posta ao día da competición coas novas normativas e campionatos que se achegan nos vindeiros meses.

O Comité de Competicións da FGC decidiu convocar a tódolos xuíces destas disciplinas para unha xuntanza o vindeiro sábado 14 de abril ás 9.30h da mañá na sede federativa en Santiago de Compostela.

Tódolos xuíces destas modalidades interesados en asistir só terán que confirmar a sua presenza antes do venres 13 de abril.