ARCO
Reunión dos Clubes e Sociedades de Arco coa FGC
20/2/2012

O pasado sábado día 18 de febreiro, a sede central da FGC, sita en Santiago de Compostela, acollía unha xuntanza entre os representantes dos Clubs e Sociedades de Caza con Arco existentes en Galicia co Delegado de Arco da Federación Galega de Caza, Antonio García Reinoso.

O motivo de dita reunión era a posta en común e a unificación de criterios para as vindeiras competicións desta modalidade de caza. Antonio Rodríguez Iglesias de Arcolemos, Jaime Villaverde Balado de Cazarco, José Manuel Arias Vázquez de Poutomillos e Pedro Martínez Ángel en representación de Arcohercules debateron e expuxeron diferentes criterios para unha mellora desta modalidade cinexética que se atopa en plena auxe competitiva.