ARCO SOBRE FAISÁN
Disputada en Mondariz a primeira proba social de arco sobre faisán
20/2/2012

I Proba Social sobre faisán disputada en Mondariz

Na xornada do domingo día 19 de febreiro, tivo lugar unha proba social na modalidade de arco sobre faisán organizada pola Sociedade Cazarco e coa colaboración da Sociedade de Caza A Mondarizana.

Na proba participaron un total de 14 cazadores arqueiros chegados das catro provincias galegas, que coa axuda dos setters “Jara” e “Pol”, máis a bretona “Pluma”, conseguiron abater 8 dos 10 faisáns ceibados.

A xornada deu comezo ás 10:00 e rematou ás 13:30, como a proba foi de carácter puramente social non se competiu por ningún trofeo, a maioría dos arcos empregados foron recurvos, aínda que as poleas tamén estiveron representados. Empregaron todos eles, frechas con emplumado “flu,flu”, para tiro ao voo e provistas de puntas especiais de caza para abater aos faisáns.